Choose your language

25 sept 2014

Ran like a Mermaid?

Dende sempre gustanme as Sereas, pola súa rara beleza, polos seus cantos, polo mar, por ser seres únicos e diferentes.
As lendas din que as Sereas cos seus cantos atraen os mariñeiros para que deixen a terra e se xunten con elas no fondo do mar; moitas veces describennas como seres ruíns e egoistas, pero eu prefiro pensar nelas como heroínas, as heroínas que rescatan aos naufragos e os deixan a salvo na beira no mar.

Cando comecei a correr nos foros que lía para informarme de carreiras, trucos e demais pedianche que te identificaras cun Nick e para o bloge tamén, non tiven ningunha dubida o meu ía ser Serea.

E precisamente participando nunha conversa nun foro sobre unha carreira na que miles de Sereas ían correr, de ahí saiu toda esta lenda que podedes ler no bloge de Rosa, grazas a ela, que foi a artifice desta pequena historia. Cantos de Serea



2 comentarios: