Choose your language

22 abr 2013

Marathon Woman. Coruña 42

En outubro do 2012, comecei a adestrarme para a que sería a miña segunda Maraton. Comencei con toda a ansia do mundo, con ganas, con pasión.....pero o stress, as presas,e o día a día superaronme. Un domingo que sain a facer a miña tiranda longa semanal o meu xeonllo dereito dixo que non, que non corría mais. Aquel domingo de febreiro, tiven que voltar camiñando os ultimos 11 kms, a choiva caia sobre min, o vento me enpuxaba e o frio faciame encoller a cada paso que daba....cheguei a casa coa certeza que este ano non podería participar na maior e mais importante proba na vida dun corredor popular.

Onte cando cheguei a Coruña e comecei a baixar cara Maria Pita e ía vendo os corredores pasar, so podía fixarme nas súas caras, caras de sufrimento, de ledicia, de dor..... unhas cantas bagoas baixaron polas miñas meixelas, a fustración, a rabia e o cabreo apoderaronse de min por uns segundos....pero como boa sufridora e corredora, mirei para o sol, collin a camara de fotos e comecei a desfrutar do día, animando aos miles de corredores, paseando pola cidade sen coches e escoitando a musica en directo das bandas que amenizaban a carreira.


As protagonistas para min onte, eran as mulleres, quería velas e fotografialas. Elas merecen todo o meu respecto, buscar horas para adestrar normalmente é complicado e sei que moitas teñen que sacrificar horas de sono para non roubarllas a familia, os amigos ......Elas son as Heroinas.

First Woman!
 
The Pyjamas, Fantásticos. Go Pyjamas!!!!





E aproveitando os cambios na vida que veñen e van, en breve estarei tamén desfrutando dunha bici de paseo como a da miña amiga Orsi, definitivamente a bici, será o meu novo complemento para este verán. ;)

Me and some blonde girls ,)

My friend, Orsi.

photos by me!


10 comentarios:

  1. Preciosas as fotos! Espero que os teus sonos sexan máis grandes que os teus medos, non só nun maratón, na vida. Un bico!

    ResponderEliminar
  2. Que verbas tan bonitas Celina,Grazas!!! na vida como nas carreiras, sempre hai que seguir cara diante, non queda outra ;)
    bicos!!!

    ResponderEliminar
  3. A bicicleta é unha boa alternativa (xa verás como te engancha), o importante de caerse é voltar a levantarse e ti tes forza para eso e máis.

    Bicos!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas polos ánimos, ahí vou con forza e con ilusión!!

      Un bico Grande!!

      Eliminar
  4. Hola guapa!!!!!!
    Pásate por mi blog, hay una sorpresa para ti!

    http://www.miredline.blogspot.de

    ResponderEliminar
  5. me encanta coru!!! jajaja

    tienes una nueva seguidora
    http://abbiegold007.blogspot.com.es/

    ResponderEliminar
  6. Una chulada de fotos,,, feliz domingo!!!

    ResponderEliminar