Choose your language

31 mar 2012

Training Days

O adestramento dunha Maratón (42 kms 195 metros) é traballo de moitos meses. 
A Maratón comezas a correla realmente non o día da carreira, senon o primeiro día que decides participar. A Maratón comezará o primeiro día de tirada longa, o primeiro día que ves que xa non eres capaz de poñer os teus tacóns favoritos, o primeiro día que emfermas e só pensas en curarte a tempo para poder participar na proba. O adestreamento da Maratón está cheo de sacrificios, pero tamén cheo de bós momentos. Momentos cos amigos, momentos de superación, momentos de esforzo, momentos compartidos!!


Premio despois de 15 kms de adestramento.

Readys for Maratón
E de importancia altísima, alimentarse ben, hidratarse, non facer excesos, pero tamén e de vital importancia, saber desfrutar da comida, do bó viño, das boas sobremesas, e dalgún espirituoso de cando en vez :)

Pasta Party.




Non hai como un vestido mini e uns tacóns para sentirte guapa despois de correr 20 kms, eso sí na casa, as zapatillas.


Photos by me

17 mar 2012

Ballerina



Esta pelicula, sempre me encantou, cando a vin por primeira vez, o único que quería era bailar e bailar e bailar......Hai centos de estilos de Baile, eu fago Baile Galego que é unha disciplina tradicional galega, dura, dificil e preciosa, practicamos durante unha hora e media un día a semana, ensaiamos as coreografías e día a día imos aprendendo novos Bailes: Muiñeiras, Foliadas, Xotas....

Os calentíns que non falten!!

Leggins e sudaderas para bailar.

E o máis divertido da moda, e que hoxe en día podes escoller prendas que nos recordan as Bailarinas de Ballet e cumplir a través da roupa os nosos sonos de cativas.

Shoes and Skirt from Zara.





12 mar 2012

Working Girl

O 8 de marzo celebrouse o día da muller traballadora. As mulleres partimos en desventaxa perante este mundo governado polos homes.
Temos que demostrar sempre a nosa profesionalidade con máis forza e máis teson.
Supoño que a maioria de nos temos estado en situacións comicas e absurdas simplemente por ser muller no nosos traballos. 


Non por ser muller e ser profesional, temos que vestirnos como os homes nin deixar de lado a nosa feminidade. Si che gusta levar tacóns e pintarte os beizos, faino!! Si ques ir de tacón plano e vaqueiros faino!! A ningún home se lle xulga pola súa vestimenta na oficina, porqué a nos si?



A min encántame os bolsos grandes  para ir a traballar, ahí meto de todo, e son perfectos para os días que saen as 8 da casa e non volves ata as 11. Ademáis nunca esquezo poñer unhas bailarinas, xa que a xornada faise demaisado longa para aguantar enriba dos tacóns todo o día.




Como vestides vos nos vosos traballos? e como che gustaría poder ir? 

5 mar 2012

Lazy days

Dias preguiceiros de sol, cafés e siesta infinitas, luz blanca e nubes de algodón. 
Unha tarde de domingo de paseo e teatro, foi o día escollido para estrear o vestidito rosa. Por fin!!!




A obra de teatro que fumos ver ao "Rosalia de Castro" na Coruña, foi "Tango" da compañia Sarabela Teatro, que está nominada aos premios Maria Casares en varias categorias, unha delas é a de mellor actor secundario ao Actor Vicente de Souta. Si tedes oportunidade ide a vela, é unha obra atemporal, con dialogos rápidos e inxeniosos e cunha posta en escea moi dinámica e orixinal.