Choose your language

16/9/2014

She ran a Marathon.

Din que está de moda correr.
E penso que sí, que teñen razón, está de moda.
Cada vez vexo máis xente correndo, cada vez cruzome con máis xente correndo, por Bastiagueiro, por Santa Cristina, polo paseo do Burgo, polo Mero...
E cada vez hai máis mulleres tamén.
Mulleres de todalas idades.
Que trotan, que pasean, que corren rápido, que camiñan rápido, en grupos, soas, escoitando música...
O domingo que ven é a Carreira da Muller en Coruña.
Estamos inscritas 5.000 mulleres.
O domingo a cidade é nosa.
Vemonos alí!

She run a Marathon.
Congrats Natalie!!!

1/9/2014

Welcome September

O verán é unha época chea de horas de luz, dannos a sensación que o día é mais longo e queremos aproveitalo ao cento por cento. 
Tiven tempo para correr moitas carreiras, para adestrar, para sair na bici, e comezar a nadar do mar en vez da piscina. Xa por fin fixen o meu primeiro triatlón. O verán esta cheo de novas oportunidades.



Tamén e tempo de festas, aquí en Galicia, todolos días hai festas en cada aldeiña e en cada Vila.
Vestimos os traxes tradicionais e os grupos de baile amosamos as pezas que levamos ensaiando todo o inverno.
As roupas e as Xoias tradicionais son preciosas.
Feitas con tecidos nobres como o liño, o terciopelo e os mellores paños para as saias.
Os pendentes son pezas de orfebrería de prata de lei.


E é tempo de shorts, de azul mariño, de ensinar as pernas, de pasear de tomar tapas empanada de polbo, de tortillas de marisco e viños brancos fríos e cervexas......ainda nos queda setembro para seguir disfrutando de luz.